Emisión en directo

Estamos escoitando: Women that Matter episode 1

Hai 1 ouvinte neste momento.

Como ouvir a emisión en directo de Radio Linguas nunha aplicación no móbil
Radio Linguas en radio-browser.info

Microrrelatos gañadores 2025

Un ano máis compartimos convosco os marabillosos relatos gañadores do Concurso de Microrrelatos organizado pola Biblioteca da nosa escola durante o curso 2024-25. Presentado pola nosa coordinadora da Biblioteca, Marina López Beiras, o programa conta maiormente coas voces dos e das autoras dos propios relatos, con algunha colaboración adicional.

Este ano, todos os relatos comezaron pola frase… “Sempre me fascinara o lume…”

Podes ler todos os relatos gañadores nesta ligazón: Microrrelatos gañadores 2025

Colaboracións:

Relato en alemán – autora e voz: Iria Herbello Lagoa; gravación de Roswitha Althoff.
Relato en chinés – autora e voz: Juana B. Alonso Costas; gravación de Marola Padín.
Relato en francés – autora: Cristina Suárez Fernández; voz de Marola e gravación de Iria Romero.
Relato en galego – autora e voz: Laura Cayetano Sío; gravación de María José Martínez Ruibal.
Relato en inglés – autor e voz: Fernando Santiago Ríos; gravación de Juan Laiz.
Relato en italiano – autora e voz: Álvaro Torres Pérez; gravación de Mónica Sandra Lista.
Relato en portugués – autor e voz: Adrián Blanco Aragunde; gravación de Elena Espinosa.

Editado por Elena Espinosa.

Créditos das músicas: todos os temas dispoñen de licenza Creative Commons BY-NC.
Por orde de aparición: “Stream of Consciousness” de One Man Book, e “A Sea of Silence” de Esther García González (fiftysounds.com)


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Categorías

Últimos episodios

Subscribirse