Meet the Staff: Zintia e Mónica Sandra – Entrevista ás profes!
Neste episodio, dúas profesoras da escola entrevístanse mutuamente nunha lingua que non é a de ensino delas, demostrando ao alumnado que todos cometemos erros cando comezamos a estudar unha lingua e que o importante é falala e darlle vida!
- Linguas: inglés e italiano.
- Nivel: A2 – B1.
- Voces: Zintia e Sandra.
- Producido e editado por: Zintia Costas Domínguez e Mónica Sandra Lista.
- Música: “Happy Hip Hop Rap Beat” de Genxbeats (Arquivo de Música Libre – Free Music Archive).
- Este programa está licenciado baixo: CC-BY-NC 4.0.