Etiqueta: Galego
-
Observa_Acción Acollida da ESADg e EASD Ramón Falcón de Lugo na EOI de Vigo
A EOI de Vigo participa no programa de innovación chamado Observa_Acción que consiste en observación interescolar e intraescolar. Na Etapa Acolle, estamos "emparellados" con dous centros de réxime especial, a ESADg e a EASD Ramón Falcón. Na sesión de acollida de profesorado das escolas de ensinanzas de réxime especial, compañeiros dos tres centros involucrados comparten perspectivas sobre o trato de erro e a experiencia de observar aulas en outro centro de ensino.
-
Microrrelatos gañadores 2024
Compartimos convosco os fabulosos relatos gañadores do Concurso de Microrrelatos organizado pola Biblioteca da nosa escola para o curso escolar 2023-24. Presentado pola nosa coordinadora da Biblioteca, Marina López Beiras, o programa conta coas voces dos e das autoras dos propios relatos.
-
Botando Raíces: Keith Payne
Este programa a cargo do Equipo de Dinamización da Lingua Galega entrevista quen aprenda a lingua galega ao botar raíces nestas terras galegas. Neste episodio entrevistamos a Keith Payne, poeta irlandés, que coñecemos o ano pasado cando estivo na EOI de Vigo para presentar a súa antoloxía de poesía A Different Eden: Ecopoetry from Ireland and Galicia (Dedalus Press, 2021).
-
Contacontos Letras Galegas: Sara Gamboa
No mes das Letras Galegas, o EDLG ofrece a versión dun conto de Jorge Bucay da alumna Sara Gamboa. A música é de Jonas Nikolic quen a cedeu a Radiolinguas, libre de dereitos.
-
KA104 Ensino Creataivo de Linguas. Teaching Cinema in the Classroom and Beyond. Lisboa
Manuel Gil fala con Marta Ares en Radio Linguas, sobre o curso TEACHING FILM IN THE CLASSROOM AND BEYOND, realizado en no mes de maio en Lisboa, con European Exchange, no marco do proxecto Erasmus+KA104 Cultura e ensino creativo de linguas. Cara un enfoque humanístico da EOI. Lingua: Galego
-
Entrevista con sabor a Interview: Abel Caballero
Alumnado de galego e inglés da EOI de Vigo entrevistan a convidados distinguidos. Desta vez, Bea, Ana e Sara entrevistan ao señor alcalde de Vigo, Abel Caballero. Agradecemos a súa visita ao estudio de Radiolinguas!
-
KA104 Cultura e ensino Creativo de Linguas: Creativity in the Classroom. Split, Croacia. Entrevista con Leticia Pérez
Leticia Pérez, profesora de inglés na EOI de Vigo fálanos da súa estancia en Split, Croacia, onde asisitiu a un curso estruturado de 7 días con Erasmus+ Courses Croatia , sobre a creatividade nas aulas, no marco do proxecto Erasmus+KA10 Cultura e ensino creativo de linguas. Cara un enfoque humanístico da EOI.
-
Botando Raíces: Marilena Opferkuch
Este programa a cargo do Equipo de Dinamización da Lingua Galega entrevista quen aprenda a lingua galega ao botar raíces nestas terras galegas. Neste episodio entrevistamos a Marilena Opferkuch, austríaca que actualmente está a cursar o Máster de Interpretación e Traducción na Universidade de Leipzig con galego coma lingua de traballo.
Buscar
Categorías
Etiquetas
Últimos episodios
-
The Story Behind - Episode 1
06/11/2024
10 minutes -
Translating masks and other B2.1-branded ads
01/06/2024
11 minutes -
In conversation with… Anita and Ally
01/06/2024
20 minutes -
Ben Rivers discusses his play: The Invaders' Fear of Memories
27/05/2024
9 minutes -
A LETTER OF NOTE (to sweet A.)
22/05/2024
3 minutes
Podcast
Noutras plataformas