Erasmus+ 2026: Foligno, Italia
Do 15 ao 22 de marzo, un grupo de oito estudantes e dúas profesoras de diferentes seccións viaxamos a Foligno, provincia de Perugia, rexión de Umbría; unha pequena cidade xusto no centro vertical e horizontal de Italia. Coñecemos o lugar, a cultura, a gastronomía e participamos no Festival CREA, sobre preservación e fomento do benestar e do patrimonio histórico e cultural. Ao remate desta semana, preguntamos ao noso grupo: que sentes cando pensas nesta viaxe? Escoita as súas emotivas reflexións e anímate a participar na convocatoria de mobilidades Erasmus+ do SEPIE a través da EOI de Vigo o próximo curso!
- Linguas: galego, castelán, inglés e italiano.
- Niveis: todos.
- Voces: Merce Martínez Lorenzo (profesora presentadora), Laura, Raquel, Mari, Manu, Dani, Mabel, Macarena e Marta (estudantes).
- Producido e editado por Merce Martínez Lorenzo.
- Música e efectos de son: “italy-station” de Sawako (Free Music Archive, CC-BY).
- Licenza: CC-BY-NC 4.0.

Radio Linguas en Spotify
Radio Linguas en Apple Podcasts
Radio Linguas en Pocketcasts
Radio Linguas en Podcast Index
Radio Linguas en Episodes.fm