Emisión en directo

Estamos escoitando: Die ersten Tage der russischen Invasion in der Ukraine - Ein Hörspiel

Hai 1 ouvinte neste momento.

Como ouvir a emisión en directo de Radio Linguas nunha aplicación no móbil
Radio Linguas en radio-browser.info

Erasmus+ 2026: Bursa, Turquía

Neste programa conversamos cos e coas participantes na mobilidade Erasmus+ a Bursa (Turquía), en marzo de 2026. Preguntámoslles sobre as súas impresións e falamos da marabillosa oportunidade de facer unha viaxe Erasmus+ destas características.

Entre os días 23 e 27 de marzo, un grupo de 8 alumnos e alumnas e dúas profesoras da nosa escola participaron nunha mobilidade Erasmus+ de observación na cidade de Bursa. Visitaron dúas escolas de adultos en dous distritos diferentes, a Nilüfer Halk Eğitim Merkezi, no distrito de Nilüfer, e a Inegöl Halk Eğitim Merkezi, en Inegöl. Durante a súa estancia, asistiron a muitas clases nos centros, percorreron o centro histórico da cidade, disfrutaron dun baño turco nun hamam tradicional e participaron nunha xornada internacional con profesorado e alumnado de Dinamarca, Turquía e Finlandia, entre outras moitas cousas.

Lingua: castelán

Voces en orden de aparición: Elena, Ana Belén, José Manuel, Pedro, Geni, Ana Elvira, Alfonso e Beatriz.

Música: “Ramadan Mubarak (Eid Celebration Music)” de FASSounds, en Pixabay, libre de dereitos; e “Enjoying the moment” de Esther García, fiftysounds.org, con licenza CC-BY-NC.

Producido e editado por Elena Espinosa Ruiz para Radiolinguas.

Licenza: Creative Commons BY-NC-SA 4.0 International.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Categorías

Últimos episodios

Subscribirse